InicioCulturaA Festa Artesanal de Ferreira de Pallares agarda 1.000 visitantes en Guntín

A Festa Artesanal de Ferreira de Pallares agarda 1.000 visitantes en Guntín

A parroquia, de apenas 130 habitantes, reúne este domingo 12 de agosto a unha ducia de artesáns do noroeste peninsular – Haberá mostras, degustación e xantar de confraternidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Guntín celebra este domingo 12 de agosto a XIV Festa artesanal de Ferreira de Pallares. A cita servirá para reunir a unha ducia de artesáns da provincia de Lugo e as rexións limítrofes, cunha representación dos expertos en oficios tradicionais do noroeste peninsular. Será un evento de gran magnitude para esta parroquia, de apenas 130 habitantes. 

Con organización a cargo da Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares e mailo propio Concello de Guntín, a feira conta coa aportación de 3.000 euros da Deputación de Lugo. O goberno provincial é o principal patrocinador tanto da Festa Artesanal de Ferreira de Pallares coma do Certame de Investigación Condado de Pallares. O pregón corresponderá a Raquel Gandoy, xornalista da Televisión de Galicia.

Como en ocasións anteriores, a décimo cuarta edición irá alén da festividade. A Festa é unha reivindicación do legado do Condado de Pallares, reforzando a identidade do lugar a través dos oficios que protagonizaban a economía local ata non hai moito. Ferreira de Pallares septuplicará a súa poboación durante a xornada, o que suporá un importante pulo económico e a oportunidade de espallar a cultura de seu.

Así, propios e alleos poderán desfrutar das demostracións artesanais e da degustación de produtos tradicionais. Xunto coa sobranceira calidade que ofrece a feira, quenes se acheguen a Guntín poderán participar do xantar de confraternidade, que recobra o espírito das romarías. Todo, co acompañamento das actuacións musicais ao longo de todo o día.

A Festa Artesanal de Ferreira de Pallares terá lugar na contorna do Mosteiro homónimo. Difícil escoller mellor lugar para rescatar as tradicións que canda este excepcional patrimonio histórico, esquecido malia a súa proximidade á capital da provincia.

O Programa

A Feira artesanal de Ferreira de Pallares, que terá lugar o día 12 nas inmediacións do Mosteiro de Ferreira de Pallares, reunirá este ano a máis de 15 artesáns, que ensinarán aos visitantes da feira a súa labor de cantería, olaría, apicultura, cestaría, ferrería ou encaixe. Ademais, durante todo o día sucederanse diversas actuacións musicais. O programa completo é o seguinte:

– Ás 9:00 horas: os artesáns comezarán a montar os seus postos.

– Ás 11:00 horas: apertura do recinto feiral.

– Ás 13:00 horas: degustación de filloas.

– Ás 13:15 horas: Pregón a cargo de Raquel Gandoy, xornalista da TVG.

– Ás 13:45 horas: Misa solemne.

– Ás 14:45 horas: Xantar de confraternidade.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...