Lugo rexistrou o segundo nacemento máis temperán deste 2019 en Galicia. Gabriel, o primeiro bebé lucense, veu ao mundo contra a unha e media da madrugada no Hospital Universitario Lucus Augusti, e inicialmente pensouse que fora o primeiro dos galegos nados neste aninovo.
Porén, desta vez foi Vigo a localidade sinalada, como recolle GaliciaConfidencial. O bebé máis madrugador chámase Anxo e recibiu asistencia no Álvaro Cunqueiro da cidade olívica apenas media hora despois das badaladas.
Noutros puntos da xeografía galega houbo que agardar bastante máis. Santiago de Compostela viu chegar a Luca pasadas as 3.00 horas deste martes primeiro de xaneiro. E contra o mediodía, outros grandes hospitais coma o do Salnés ou Pontevedra aínda non rexistraran ningún nacemento.