InicioLugo e contornaLugoRescatada unha muller de 78 anos que pasou catro horas atrapada nun...

Rescatada unha muller de 78 anos que pasou catro horas atrapada nun elevador

Segundo relata a Policía nun comunicado, foi o luns ás 23.15 horas cando a Sala do 092 comisionó a unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno nun edificio da Rúa Chantada, xa que recibiu información sobre unha persoa atrapada no ascensor

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo informou de varios servizos de auxilio aos cidadáns nos últimos días, entre eles, o pasado luns 4, a liberación dunha muller de 78 anos que permaneceu catro horas atrapada nun ascensor.

Segundo relata a Policía nun comunicado, foi o luns ás 23.15 horas cando a Sala do 092 comisionó a unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno nun edificio da Rúa Chantada, xa que recibiu información sobre unha persoa atrapada no ascensor.

Os axentes foron informados de que a muller, de 78 anos, levaba encerrada no ascensor aproximadamente desde as 19.00 horas sen que conseguisen contactar coa empresa de mantemento e instalación do elevador.

Os axentes desprazáronse ao lugar e, tras asegurarse de que non había risco para a muller, lograron abrir a porta do ascensor polos seus propios medios e procederon a liberala.

A familia da muller trasladou a súa intención de denunciar á empresa de mantemento por falta de resposta, polo que os axentes levantaron acta do sucedido.

DISCUSIÓN FAMILIAR

Desde o fin de semana, os axentes do Grupo Operativo Nocturno atenderon, segundo informou a Policía Local, “numerosos” requirimentos por molestias xeradas por ruídos en horarios nocturnos.

Así mesmo, o xoves ás 15,50 horas recibiuse unha chamada no 092 dunha muller que, “moi alterada”, afirmaba que quería que o seu marido abandonase a vivenda. Ao chegar os axentes ao domicilio procederon a falar con ambos por separado.

O home trasladou que discutiran e que a súa muller lle pedía que se fose, motivo polo que estaba a recoller as súas cousas, extremo que foi corroborado pola muller, que dixo non sufrir ningún tipo de violencia física ou verbal.

O home abandonou a vivenda mentres os axentes permanecían aínda no lugar. Previamente comprobaron que, sobre o mesmo, non constaba ningún tipo de restrición, como orde de protección ou de afastamento.

ÚLTIMAS

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...

A montaña de Lugo amence con neve e temperaturas inferiores a -2

Comarcas do leste galego, nas provincias de Ourense e Lugo, anotaron nas últimas horas...

A Deputación premiará con 1.600 euros ás mellores fotos das Reservas de Terra do Miño e Os Ancares

A Deputación de Lugo abriu xa a incripción ao VIII Concurso de Fotografía de...

Alertan en Lugo do risco de caída dun menor subido nunha cadeira a un balcón para “contar coches”

Axentes da Policía Local de Lugo desprazáronse, na mañá do pasado martes, a unha vivenda tras...