InicioSucesosDetido o acusado de 10 roubos en establecementos comerciais de Vilalba

Detido o acusado de 10 roubos en establecementos comerciais de Vilalba

O home supostamente usurpaba vivendas deshabitadas para aloxarse tras acceder a elas a través do método "bumping" e abrir as fechaduras sen chave.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Garda Civil, no marco da Operación probuje, detivo a un home de 39 anos de idade como suposto autor de dez delitos de roubo en establecementos comerciais situados no termo municipal de Vilalba. Segundo informou a Garda Civil, os feitos delituosos tiveron lugar entre os meses de agosto e outubro, cando se recibiron varias denuncias por roubos con forza en establecementos de hostalaría, supermercados, lavandarías e ata un caixeiro automático. Uns sucesos que provocaron alarma na comarca.

Ante iso, a Garda Civil iniciou unha investigación policial para determinar a autoría, no desenvolvemento da que puido precisar a participación dunha persoa como autor material dos feitos. O home supostamente usurpaba vivendas deshabitadas para aloxarse tras acceder a elas a través do método “bumping” e abrir as fechaduras sen chave. Os axentes lograron localizar e sorprender ao home cando estaba a cometer un novo roubo ao forzar a porta de acceso a oficina dunha lavandaría coa suposta finalidade de acceder á caixa de recadación das maquinas.

A Garda Civil puido determinar a participación da persoa detida en dez delitos de roubo con forza, nos que o total do diñeiro subtraído ascende a 5.000 euros, ademais de ocasionar cuantiosos danos pendentes de valoración. No marco da investigación púidose localizar o lugar no que o detido se escondía, no que se recolleron numerosas evidencias dos ilícitos. Ademais, recuperáronse diferentes efectos procedentes dos roubos, que serán postos a disposición dos seus lexítimos propietarios. O detido, do que non consta domicilio nin arraigamento, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución non 2 de Villalba, o cal decreto o seu ingreso en prisión.

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...