InicioSucesosDous homes investigados por pescar troitas con electricidade no río Rodil

Dous homes investigados por pescar troitas con electricidade no río Rodil

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a un veciño da Fonsagrada, de 72 anos, e a un home de Cangas de Narcea (Asturias), de 59 anos, por pescar con electricidade 228 troitas no río Rodil, na zona de San Pedro de Neiro-A Fonsagrada.

Segundo informou o Instituto Armado, investígaselles por un delito relativo á protección da flora e fauna silvestre ao usar métodos non selectivos para a pesca.

Os feitos sucederon o pasado día 23 cando os dous homes transportaban nun vehículo 228 troitas de pequeno tamaño, así como artes para a pesca con electricidade, vadeadores, sacadera e cesta.

+ posts

ÚLTIMAS

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación...

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

A Deputación reafirma o seu compromiso coa residencia de maiores de Becerreá

A Deputación Provincial de Lugo reafirma o seu compromiso coa apertura da residencia de...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...