InicioLugo e contornaLugoAlberto Caldeiro di non ser "a persoa indicada" para entrar na corporación...

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

Alberto Caldeiro apelou á "honestidade" e á "lealdade" para non tomar unha decisión ata falar con todos os implicados e recoñeceu que sería para el "un orgullo" poder representar aos lucenses se isto sucedese

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este mércores para suceder na Corporación á falecida Olga López Rocamonde, pero cre “non ser a persoa indicada” debido á súa “situación persoal actual”.

Caldeiro, que é profesor aínda que non exerce por estar liberado sindicalmente por CC.OO., explicou que “está pendente” de manter reunións, tanto co partido como co sindicato que representa, “antes de tomar unha decisión definitiva”.

Para este sindicalista, a situación que se vive estes días no Concello de Lugo, “é moi dura”, en especial tras a morte de tres membros da corporación en pouco máis dun ano. “Agora mesmo a persoa que entre na corporación ten que ter unha dedicación do 140 por cento, e eu non teño claro que sexa esa persoa pola miña situación persoal actual”, explicou, puntualizando que “non é unha cuestión económica, senón unha disposición de recursos humanos”.

Alberto Caldeiro apelou á “honestidade” e á “lealdade” para non tomar unha decisión ata falar con todos os implicados e recoñeceu que sería para el “un orgullo” poder representar aos lucenses se isto sucedese. Así mesmo, lembrou que hai persoas detrás del na lista “que poderían ter esa dispoñibilidade que eu agora mesmo non teño”.

Tras el están Eugenia Iglesias e Yago Atadell. De número 15 está Olimpia López, que non podería asumir ese papel, xa que é a actual subdelegada de Goberno.

+ posts

ÚLTIMAS

Convocou a Xunta unha praza específica para María Reigosa en Medio Ambiente?

PSOE e BNG de Lugo fixeron público un comunicado conxunto no que esixen á...

O PP de Lugo defende a moción de censura en Lugo: “é para dar estabilidade á cidade”

O presidente da xunta local do Partido Popular en Lugo, Ramón Carballo, levantou o...

Arroxo reclama saber que “tipo de beneficio” tería Reigosa se apoia a moción de censura

O tenente de alcalde do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, reclamou este martes aclaracións...

O Eixo Atlántico analiza en Lugo a resiliencia urbana fronte ás crises internacionais e o encarecemento da enerxía

O Consello Estratéxico do Eixo Atlántico analizou este martes en Lugo a resiliencia dos...