InicioPolíticaO concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a ...

O concello de Lugo analiza unha reorganización das concellerías tras a entrada de Eugenia Iglesias como edil

A número 13 da lista socialista entrará no consistorio tras a renuncia de Alberto Caldeiro por motivos profesionais e persoais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Eugenia Iglesias Vargas será a nova concelleira do Concello de Lugo, incorporándose á corporación municipal en substitución de Olga López Racamonde, falecida a pasada semana por un cancro de mama. Iglesia ocupaba o posto número 13 na candidatura socialista encabezada por Lara Méndez nas eleccións municipais de 2023.

A entrada de Iglesias prodúcese despois de que o profesor e sindicalista Alberto Caldeiro, a quen correspondía asumir a acta, renunciase a facelo por motivos de incompatibilidade coa súa situación profesional e persoal. Deste xeito, Iglesias dará o paso á política municipal na recta final do mandato, cando quedan 13 meses para as próximas eleccións locais.

Natural de Piúgos, no municipio de Lugo, Eugenia Iglesias conta con formación en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, ámbito no que desenvolveu parte da súa traxectoria profesional. Na actualidade, traballaba como vixiante de seguridade no Hospital Universitario Lucus Augusti.

Esta será a quinta remodelación do goberno local desde 2023 tras as saídas de Lara Méndez e María Reigosa, e os falecementos da alcaldesa Paula Alvarellos e dos concelleiros Pablo Permuy e Olga Alvarellos. O goberno local atópase agora nun difícil contexto político debido á minoría do bipartito PSOE-BNG tras o cambio de María Reigosa, a última en entrar, a non adscrita.

REORGANIZACIÓN

Tras o tempo de loito, o goberno local traballa desde este luns na nova reorganización de tarefas, xa que a nova concelleira non conta con experiencia na xestión administrativa. Polo momento non se sabe que funcións vai ocupar ou se a carteira de Olga López Racamonde irá para outro edil. O obxectivo do alcalde é ofrecer nos próximos días un reaxuste de tarefas que sexa compatible tamén coas características profesionais dos edís para enfrontar a recta final do mandato.

O perfil de Eugenia Iglesias está vinculado ao ámbito do deporte, onde conta cunha ampla experiencia e formación, incluíndo o título de cinto negro de kárate e acreditacións como monitora de fútbol sala e a súa experiencia en centros sociais.

VALORACIÓN DO ALCALDE

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, mostrou este luns a súa satisfacción pola entrada de Eugenia Iglesias Vargas no equipo municipal en substitución de Olga López Racamonde, falecida a pasada semana.

“Estamos moi contentos porque é muller, é nova e ten moitas ganas e moita ilusión”, explicou o mandatario lucense, que considera que a incorporación de Eugenia Iglesias “vai ser un apoio importante para seguir xestionando” grazas ao seu “perfil perfecto”.

O alcalde tamén puxo en valor o seu nivel de compromiso co PSOE dicindo que non ten “dúbida sobre iso” porque está na executiva local e transmitiulle “a súa ilusión, as súas ganas e o seu compromiso”.

+ posts

ÚLTIMAS

Daveiga, a empresa lucense que festexa o ‘Día das Letras Galegas’ cos traballadores

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de...

Centos de persoas protestan en Lugo pola retirada da bandeira palestina do Vello Cárcere tras a chegada de Elena Candia á Alcaldía

Centos de persoas concentráronse este sábado en Lugo para rexeitar a retirada da bandeira...

Elena Candia acompaña á Garda Real en Lugo no seu segundo día como alcaldesa

Elena Candia participou este sábado nos actos organizados pola Garda Real na cidade de...

Candia e Reigosa xuntas en varios actos protocolarios municipais

A concelleira non adscrita de Lugo, María Reigosa, participou este venres en varios actos...