InicioSucesosInvestigan en Lugo dous casos de abuso sexual con uso de burundanga

Investigan en Lugo dous casos de abuso sexual con uso de burundanga

Dous homes foron detidos trala denuncia dunha xove que espertou nunha pensión sen recordar e con síntomas de administración de burundanga

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Corpo Nacional de Policía investiga en Lugo dous casos de abuso sexual acontecidos durante a fin de semana, os dous vencellados á posible administración de burundanga a senllas vítimas. Como recolle GaliciaConfidencial, dous homes resultaron detidos en relación coa denuncia dunha das mulleres, de 25 anos, que espertou sen recordar nada nunha pensión do centro da cidade.

A denunciante manifestara ante os axentes que saíra “de copas” por Lugo e que, contra as 03.00 horas da madrugada do sábado, aparecera na habitación da pensión “sen lembrar nada”. A Policía sinalou a posible presenza da substancia coñecida como burundanga, que leva á pérdida de consciencia, e procedeu á detención dos dous investigados. Non hai constancia de que roubaran á vítima.

Outra muller, de 27 anos, acudiu ao Hospital Universitario Lucus Augusti con síntomas semellantes, presentando cefalea e sen coñecemento do que ocorrera durante varias horas da noite anterior. Está por esclarecer se os abusos están conectados.

Exámenes forenses e toxicolóxicos

A Policía está pendente dos resultados das análises para determinar como se produciu a agresión sexual no caso da moza que apareceu na pensión próxima á praza Mártires de Carral.

A rapaza, que asegura que non lembraba nada do que sucedera dende as 03.00 ata as 11.00 horas, relata que espertou espida e canda a un home que non coñecía de nada. Este individuo é un dos dous detidos, de 38 e 43 anos, que están retidos nas dependencias policiais antes de pasar a disposición xudicial. Os sospeitosos están sendo investigados tamén por distribución de drogas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...