InicioSociedadeRexistrados unha decena de terremotos en Taboada nos últimos días, un este...

Rexistrados unha decena de terremotos en Taboada nos últimos días, un este luns

O Instituto Xeográfico Nacional informa na súa páxina web.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Instituto Xeográfico Nacional rexistrou unha decena de terremotos nos últimos días no municipio de Taboada, segundo informa na súa páxina web.

A maioría foron entre os días 21 e o 22, en concreto nesta xornada nun tramo de 20 minutos, e o último este mesmo luns, día 24, ás 15.13 horas, un de magnitude 1,8.

No caso dos rexistrados na xornada do sábado, día 22, foron entre as 03.27 horas e as 03.45 horas, chegando a contabilizarse un total de oito tremores, cunha magnitude nalgún caso de 1,6 e noutros de 2,3.

Os primeiros rexistráronse o día 21, a partir das 22.08 horas, cunha magnitude nun caso de 1,5 e no outro 2,1, segundo informa o Instituto Xeográfico Nacional.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...