InicioEconomíaA Xunta cede ao Concello de Cospeito máis de 15.700 metros cadrados...

A Xunta cede ao Concello de Cospeito máis de 15.700 metros cadrados no parque empresarial de Muimenta

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta cedeu ao Concello de Cospeito unha parcela, tres viarios, dúas zonas verdes e unha peonil no parque empresarial de Muimenta, unha superficie total de 15.752 metros cadrados.

Así se plasmou este venres na firma dun acordo pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde da localidade, Armando Castosa, no que estivo presente o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

O Goberno galego cedeu tamén a parcela P-24, de máis de 1.500 metros cadrados. Segundo informa o Executivo, nesta área empresarial realizáronse actuacións relativas á urbanización, conexións ás redes de saneamento, abastecemento, telefonía e electricidade e as ligazóns coa estrada LU-120 e co viario do que xa dispuña o parque. Ademais, instalouse unha zona de descanso e lecer con xogos.

Na actualidade, engade, este parque de Muimenta ten a disposición do tecido produtivo un total de 13 parcelas, de entre 423 e 1.605 metros cadrados. O prezo de chan oscila entre os 41 e os 45 euros por metro cadrado, unha vez aplicada a bonificación do 50% que a Xunta ofrece nas áreas empresariais da súa propiedade na provincia de Lugo.

ÚLTIMAS

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

O PP lucense esixen a Tomé unha repartición “igualitaria” dos convenios da Deputación

Alcaldes e concelleiros do Partido Popular dos 67 concellos lucenses concentráronse este venres ante...

Dous detidos por estafar máis de 30.000 a unha empresa de Lugo

A Garda Civil de Lugo identificou a dous veciños de Cataluña que supostamente estafaron...