InicioSucesosFomento retira "pezas inestables" da glorieta da ponte branca de Lugo

Fomento retira “pezas inestables” da glorieta da ponte branca de Lugo

O Ministerio de Fomento afirma que comezou as revisións na ponte que o Goberno saínte tiña pendentes, tarefa que desvincula dos elementos embelecedores retirados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Ministerio de Fomento retirará “todas as pezas inestables” que conforman a decoración da glorieta que conecta a ponte branca e a N-VI. Como indica o departamento responsable de construír a infraestrutura, este labor realízase por precaución, logo do desprendemento de parte dos remates na circunvalación elevada.

A cartera que coordina Jose Luis Ábalos desvinculou estes elementos embelecedores da estrutura da ponte branca. Aliás, dende Fomento indican que fixeron “inspeccións básicas” hai dous meses, e que outra revisión seguirá nas vindeiras datas. Tales tarefas foran postergadas polo Goberno saínte, atendendo a un conflito de competencias co Concello que deixara a infraestrutura sen o mantemento indicado pola empresa construtora.

A semana próxima, técnicos de Fomento estudiarán solucións para repor os elementos inestables retirados, atendendo ás garantías de seguridade estipulables. Os desprendementos producíronse “nunha estrutura diferenciada” da ponte branca, e unicamente afectaron a engádegas estéticas. Algúns cascallos caeron sobre o paseo do Miño, xerando inquedanza entre a veciñanza.

O conxunto destas obras, que comprenden a construcción de 195 metros sobre o Miño e mailos nexos coa estrada nacional sexta, a estrada a Portomarín e a vella estrada a Santiago de Compostela, comportou un investimento de vinte e un millóns de euros entre 2009 e 2011, data da inauguración da ponte branca.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo pide datos ao Goberno sobre accidentes de circulación debido ao estado das vías provinciais

O PP de Lugo enviou unha petición ao Goberno central para...

Multa de mil euros por atropelar unha persoa nun paso de peóns logo dun acordo antes do xuízo

O Tribunal de Instancia, sección Penal, praza 2, de Lugo condenou a un condutor,...

Romper barreiras de xénero, chamado da Deputación no Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira Morandeira, inaugurou este mércores xunto á...

O centro social A Herdeira proxectará dous filmes sobre a recuperación de entroidos tradicionais

O centro social A Herdeira proxectará este xoves 12 a partir das 19h dous...