InicioSociedadeO programa 'Entre Veciños' acompañará no HULA ás persoas soas

O programa ‘Entre Veciños’ acompañará no HULA ás persoas soas

O programa da Caixa, xestionado pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, engade o acompañamento de persoas soas en recados e no HULA

PUBLICADA O

- Advertisement -

O programa Entre Veciños engade adica este ano a atención ás persoas soas, ás que acompañará nas tarefas diarias ou durante as estancias hospitalarias no HULA. A iniciativa da Obra Social da Caixa leva anos sendo xestionado pola Federación de Asociacións de Veciños e Veciñas de Lugo.

A presentación desta nova liña do proxecto de acción social contou coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e mailo deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos. En tempos recentes, Entre Veciños traballou fundamentalmente pola integración e inserción laboral dos migrantes, xunto co apoio a persoas sen recursos e a entrega de alimentos.

Para este 2018, o programa inclúe a atención ás persoas soas, co acompañamento nas saídas cotiás, nos recados, e tamén a quen precisa dunha intervención cirúrxica no Hospital Universitario Lucus Augusti e carece de familiares.

O Concello colabora con esta iniciativa co local no que se almacenan alimentos, na nave de asociacións de FRIGSA, e a Deputación, a través do programa Ben Empregado. La Caixa achega 3.500 euros para o financiamento da iniciativa. Lugo foi a cuarta cidade española, e a primeira de Galicia, na que se se puxo en marcha o programa Entre Veciños, despois de Santander, Valladolid e Zaragoza.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...