InicioSucesosO responsable do accidente na rúa López Guntín deu positivo en drogas...

O responsable do accidente na rúa López Guntín deu positivo en drogas e carece de permiso

O infractor deberá afrontar unha multa de 2.200 euros e a perda de 12 puntos logo de colisionar en López Guntín ocasionando feridas leves a outro condutor

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un home de 36 anos deu positivo no test de drogas logo de provocar un accidente de tráfico na rúa López Guntín de Lugo, que deixou ferido leve ao ocupante do outro vehículo implicado na colisión frontal.

A Policía Local de Lugo precisou que o choque produciuse na tarde do luns, debido á manobra do responsable do sinistro, que invadiu o carril contrario e acabou batendo contra un turismo en López Guntín.

Malia dar negativo na proba de alcoholemia, o home deu positivo no test de drogas por opiáceos e benzodiacepina. O varón de 36 anos, D.M.V.C., veciño de Lugo, carece de permiso –unicamente conta coa licenza de ciclomotor– e o vehículo que conducía non pasara a Inspección Técnica de Vehículos.

Denunciado por conducción temeraria e positivo en drogas, estas infraccións conlevan unha multa de 2.200 euros e a perda de 12 puntos do carné.

+ posts

ÚLTIMAS

Extinguido o incendio de Taboada tras arrasar 55,85 hectáreas

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido este sábado o incendio forestal de...

A Deputación incrementa o patrocinio para o Caudal Fest reforzando a proxección turística de Lugo

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres o contrato de...

O Concello de Lugo aprobará o proxecto dunha residencia de anciáns no barrio de Recatelo

A xunta de goberno de Lugo aprobará o vindeiro luns o proxecto para a...

Un incendio activo en Lugo xa arrasou dúas hectáreas

A parroquia lucense de Orbazai, no lugar de Penarrubia, rexistra este xoves un incendio...