InicioSociedadeO acusado polo crime machista das Gándaras confesa que matou a Clara...

O acusado polo crime machista das Gándaras confesa que matou a Clara Expósito

Mantén que non eran parella.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este martes a segunda xornada do xuízo contra o acusado polo crime machista das Gándaras en febreiro de 2020. O home recoñeceuse como autor dos feitos, pero sostivo –na súa declaración deste luns– que el e a vítima, Clara Expósito, non eran parella.

Os feitos remóntanse a febreiro de 2020. A muller, de 49 anos, foi atopada morta na noite do día 7 no piso no que residía soa. O cadáver apareceu con feridas de arma branca no pescozo. O presunto asasino foi detido ao día seguinte como autor dos delitos de homicidio, violencia de xénero e violencia doméstica.

O avogado do acusado, Jacobo Vázquez, antes de entrar en sala, facía unha valoración “positiva” da declaración do seu defendido, que segue mantendo que non era parella da vítima. “Entendo que coas testificais estamos a acreditar o que queremos acreditar. Entendemos que non hai aleivosía e por tanto non hai asasinato, hai un delito de homicidio”, esgrimiu.

Vázquez, ante a confesión do seu cliente, puntualizou que “evidentemente el está moi arrepentido” e que “estaba baixo a influencia de bebidas alcohólicas e sustancias psicotrópicas”, o que “lle alterou a vontade de cometer os feitos que desgraciadamente cometeu”.

“TEN QUE SER CONDENADO”

Unha das acusacións particulares, Cristina Fernández, que representa a unha das fillas da vítima, expresou que “non” lle vale nin a confesión, nin o arrepentimento exhibido na súa declaración: “Ten que ser condenado polo que fixo e caerlle todo o que lle ten que caer coa lei da man”.

Seguidamente, estableceu que “é difícil negar o asasinato”. “Un pouco discútese o que son as agravantes como a aleivosía, que é o que cambia de homicidio a asasinato, a agravante de xénero, a agravante de parentesco e iso vai incrementando a pena”, explicou.

“Nas súas primeiras declaracións tentouno negar, pero agora tívoo que recoñecer (o luns) porque as evidencias son moi claras en canto a que cometeu o crime”, invocou. Todas as acusacións pídenlle 25 anos de prisión, nun xuízo que finalmente se podería estender ata o xoves. Na xornada deste martes prestarán declaración axentes da policía nacional que participaron na detención e a investigación deste crime machista.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...