InicioEconomíaA Deputación de Lugo destinará 83.000 euros para asociacións que traballan nas...

A Deputación de Lugo destinará 83.000 euros para asociacións que traballan nas reservas da biosfera

García Porto destaca que se aprobaron "convenios de colaboración" con dous concellos: Pol e A Pastoriza.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A portavoz socialista do goberno da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, anunciou tras a xunta de goberno que se acordou destinar 83.000 euros en liñas de axudas para 27 asociacións que traballan nas dúas reservas da biosfera da provincia.

Unha aprobación de “forma provisional das asociacións beneficiarias da liña de axudas que se convocou por un importe total de 83.000 euros, para impulsar o territorio das reservas da provincia, que dependen da Deputación, que son Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá”, detallou en rolda de prensa.

“Este ano convocamos por segunda vez, por segundo ano consecutivo, estas liñas de subvencións onde resultaron beneficadas 27 entidades asociativas; 16 corresponden a Terras do Miño e 11 a reservas dos Ancares Lucenses”, puntualizou Pilar García Porto. Desde este momento ábrese un “prazo de alegacións de dez días de duración, unha vez se publique esta resolución no Boletín Oficial da Provincia de Lugo”.

“O que buscamos con estas axudas é apoiar desde a deputación o tecido asociativo que traballa nesas reservas para que así poida desenvolver actuacións, proxectos vinculados ao medio ambiente, ao rural, que pon en valor patrimonial, cultural e paisaxístico estes territorios”, subliñou.

Polo demais, tamén Pilar García Porto destacou que se aprobaron “convenios de colaboración con dous concellos; con Pol e A Pastoriza, para que poidan prestar máis e mellores servizos aos seus veciños, respondendo desta forma á función esencial da deputación que é cooperar” cos municipios.

ÚLTIMAS

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...

Detida unha muller en Lugo por presunta simulación de roubo con forza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha muller como presunta...

A Deputación de Lugo investirá un millón de euros en estradas e adquisición de nova maquinaria

A Deputación de Lugo deu a coñecer un novo paquete de investimentos que supera...