InicioSociedadePesar polo falecemento de Julio Agrelo, histórico sindicalista lugués

Pesar polo falecemento de Julio Agrelo, histórico sindicalista lugués

CC.OO valora o labor de Agrelo, "sempre ao pé do conflito", na constitución do sindicato.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Comisións Obreiras (CC.OO.) lamentou este martes o falecemento de Julio Agrelo Trigo, un dos referentes históricos do sindicato na provincia lucense e membro tamén da primeira corporación democrática do Concello de Lugo.

Agrelo Trigo, que faleceu aos 87 anos de idade, foi recoñecido en 1993 co Premio 10 de Marzo de CC.OO. pola súa traxectoria e hai dous anos foi homenaxeado pola súa achega ao sindicado e á loita obreira.

Neste sentido, o presidente da Fundación 10 de Marzo e ex secretario xeral de CC.OO. en Galicia, Xan María Castro, destacou o labor de Agrelo na constitución de CC.OO. “Julio asistía, aínda que na clandestinidade, ás reunións da coordinadora dos CC.OO. de Galicia”, subliñou Castro, indicado que foi un dos fundadores do sindicato e unha das persoas “clave” na súa expansión e consolidación na provincia de Lugo.

Na mesma liña falou o tamén ex secretario xeral de CC.OO. Xosé Manuel Sánchez Aguión, pondo en valor o papel de Agrelo como sindicalista “ao pé do conflito” e “moi recoñecido e valorado” polos seus compañeiros.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...