InicioSociedadeO pai de Desirée Leal reclama que Ana Sandamil pague as costas...

O pai de Desirée Leal reclama que Ana Sandamil pague as costas do xuízo

José Manuel Leal calcula que gastou "sobre 12.000 euros".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pai de Desirée Leal, a nena de sete anos asasinada pola súa nai en maio de 2019 en Muimenta, José Manuel Leal, quere que Ana Sandamil pague as costas do xuízo que a condenou a prisión permanente revisable por este crime.

Por mor da celebración dunha vista para decidir se se lle amplía a prisión provisional mentres se decide sobre o recurso presentado ante o TSXG pola súa defensa, o pai da vítima confiou en que o alto tribunal galego vaia na mesma liña de condena que a Audiencia Provincial e que ela poida acudir ao Tribunal Supremo. “Non ten nada que perder, máis cárcere non lle vai a caer”, dixo.

En todo caso, criticou que Sandamil “teña diñeiro para pagar ese recurso e non o teña para pagar as costas do xuízo” nin a indemnización. “Se a xustiza estivese doutra forma penso que aínda que estea no seu dereito a recorrer ten que facerse cargo das costas do xuízo, a min suponme un desembolso importante de diñeiro e pagar o avogado”, engadiu.

José Manuel Leal calculou que coas “costas” do xuízo de Lugo, 6.000 euros, e as que se deriven do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, outros 6.000, el gastou “sobre 12.000 euros”.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...