InicioSociedadeDetido un mozo de 18 anos por agresión sexual a unha rapaza...

Detido un mozo de 18 anos por agresión sexual a unha rapaza en Lugo

Unha vez foi ouvido en declaración, o xulgado determinou o seu ingreso en prisión.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Provincial de Lugo detiveron un home de 18 anos como presunto autor dun delito de agresión sexual a unha moza coa que estudara varios anos.

Segundo relatou a Policía Nacional, os feitos ocorreron o pasado domingo, cando os funcionarios de Radiopatrullas en servizo recibiron unha chamada da sala do 091 para dirixirse á rúa Santiago onde estaba unha muller que foi vítima dun delito.

Unha vez no lugar comprobaron que unha muller estaba acompañada doutras mozas, que foron as que alertaron aos servizos policiais e sanitarios. Segundo manifestaron as acompañantes da afectada, atopárona na rúa e preguntáronlle se lle pasaba algo, se necesitaba algunha cousa, ao que lles relatou que fora vítima dun delito de agresión sexual.

Os compoñentes de Radiopatrullas, unha vez tiveron coñecemento desta situación, trataron “de aclarar as primeiras dúbidas coa vítima”, sinalaron as mesmas fontes, á vez que o puxeron en coñecemento do coordinador de Servizos, o cal puxo en marcha o protocolo de actuación para estes casos.

A vítima foi de inmediato derivada ao Hospital Lucus Augusti de Lugo (HULA) para ser vista polos servizos médicos e forenses, á vez que se trataron de solicitar os axentes o maior numero de datos e indicios no lugar para poder determinar, posteriormente, “coa maior exactitude posible o ocorrido”, destaca a Policía.

Unha vez, ofreceuse a atención sanitaria e persoal necesaria á vítima, a Policía Nacional tratou de localizar ao autor da agresión e a todos as posibles testemuñas dos feitos.

A Policía Nacional puntualizou que a vítima e o presunto autor da agresión sexual eran coñecidos, xa que estudaran xuntos varios anos. Ademais, matiza que ambos saíran da zona de pubs, despois de estar de botellón e de copas. Ante iso engade que “a ausencia de facultades por inxesta de alcol pode anular o consentimento”.

Xa co autor localizado e detido, unha vez prestaron declaración ás testemuñas e achegaron os datos solicitados na investigación, este pasado xoves o arrestado foi posto a disposición xudicial. Unha vez foi ouvido en declaración, o xulgado determinou o seu ingreso en prisión.

ÚLTIMAS

O Colexio de Arquitectos de Galicia presenta alegacións ao proxecto de Altri en Palas e pide máis información

O Colexio oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) acordou presentar alegacións ao Estudo de...

O vello profesor Xesús Alonso Montero volta ao seu instituto de Lugo para unha gran homenaxe

O destacado escritor, lingüista, profesor e ex presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa...

Investigados dous lucenses tras atopar un can abandonado que fora dado de baixa por falecemento

A Garda Civil investiga a dous veciños das localidades lucenses de Castroverde e do Corgo como supostos autores...