InicioSociedadeNova aula de 800 m2 para o ciclo de madeira no Instituto...

Nova aula de 800 m2 para o ciclo de madeira no Instituto Politécnico de Lugo

"É un salto cualitativo desde a perspectiva arquitectónica", sinalou o conselleiro de Educación, cuxo departamento investiu 1,5 millóns de euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Instituto Politécnico de Lugo conta cun novo espazo de 800 metros cadrados para albergar o ciclo de formación profesional en madeira despois dun investimento da Administración autonómica de 1,5 millóns de euros.

O conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, visitou este mércores a nova instalación que se concluíu no Instituto Politécnico de Lugo. “É un salto cualitativo desde a perspectiva arquitectónica de usar a madeira como elemento estrutural e construtivo”, sinalou o conselleiro de Educación durante a visita.

Tamén deu conta dos investimentos do seu departamento en Lugo, e así debullou que este curso se puxo en marcha “o colexio do Sacro Corazón, cun investimento de 4,6 millóns de euros, e ampliación do colexio Muralla Romana, cun investimento de medio millón. Así mesmo, sinalou a ampliación no Politécnico e as obras no IES Sanxillao, cifradas en 1,8 millóns de euros e que se espera que estean listas antes de que conclúa o curso.

Ademais, anunciou que a Xunta “está pendente de licitar tres proxectos, xa non este curso académico senón este ano”. Trátase da rehabilitación integral do Instituto Lucus Agusti e do Ollos Grandes, actuacións ás que destinan 1 millón de euros. Román Rodríguez tamén avanzaba en canto a esas tres rehabilitacións, a que se acometerá no Instituto de Paraday cunha consignación dun millón de euros.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...