InicioEconomíaA Deputación de Lugo ultima para 2022 os orzamentos "máis altos da...

A Deputación de Lugo ultima para 2022 os orzamentos “máis altos da década”

O obxectivo do goberno provincial é sacar adiante adiante a finais de novembro as contas, que ascenden a 100 millóns, e que entren en vigor en xaneiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno da Deputación de Lugo ultima uns orzamentos para 2022 que ascenden ata os 100 millóns, un 8% máis que os do presente exercicio e que constitúen as contas “máis altas da última década” para a institución provincial.

Así o destacou o presidente lugués e alcalde de Monforte, José Tomé, durante a súa intervención este xoves ante a Comisión 3ª da Cámara galega, onde avanzou as principais liñas dunhas contas que o executivo provincial que comparten socialistas e nacionalistas espera aprobar inicialmente a finais de novembro coa vista posta na súa entrada en vigor co arranque do ano.

Tomé iniciou o seu discurso ante os grupos cun balance dos dous anos do seu goberno, “estable e sólido”, cando se atravesou xa o ecuador do mandato e cunha apelación á Xunta para que mellore as vías de financiamento ás entidades locais, cuxas carencias, di, foron destapadas durante a pandemia.

A Cámara galega foi o lugar elixido polo presidente lugués para anunciar o montante total ao que ascenden os orzamentos de 2022. Serán 100 millóns, oito máis que en 2021 nun incremento que Tomé atribuíu a “a participación dos tributos do Estado”, que se incrementan “en máis de 6 millóns”.

Articuladas ao redor de catro eixos (políticas sociais, cooperación cos concellos, apoio aos sectores produtivos e fomento da mobilidade), Tomé destacou do proxecto de contas a continuidade ao plan único, dotado con 22,5 millóns de euros; a construción de residencias de maiores ou a posta en marcha do Parque Central de Galicia.

+ posts

ÚLTIMAS

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais

O concelleiro do BNG de Vilalba, Tino Alvite, renunciou á súa acta por motivos...