InicioSociedadeO BNG critica a "pasividade" da Xunta ante a falta de persoal...

O BNG critica a “pasividade” da Xunta ante a falta de persoal na Atención Primaria de Lugo

Os nacionalistas insisten na necesidade dun Plan de Ordenación de Recursos Humanos, "imprescindible para acabar coa precariedade".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego criticou a “pasividade” da Consellería de Sanidade ante a “falta de persoal facultativo e enfermeiras na Atención Primaria de Lugo“. Nun comunicado, a deputada do BNG por Lugo, Carme Aira, recriminoulle ao departamento autonómico a súa actitude que, ao seu xuízo, evidencia a “inoperancia da Xunta de Galicia para ofrecer unha atención asistencial adecuada aos usuarios”.

Así, a deputada sinalou que na provincia existe “un importante déficit de persoal facultativo” en Atención Primaria, o que “obriga” aos persoais dos centros de saúde “mesmo a minguar nun 75% a diario”. Aria denunciou ademais, a “carencia de enfermeiras”, xa que “o 36% da lista de contratación de enfermeiras de Lugo non está dispoñible”.

Para a deputada nacionalista, esta situación está relacionada cos “malos tratos” da Xunta a estas profesionais. Carmen Aria apuntou tamén que esta situación que se vive na provincia de Lugo é “extrapolable” ao resto de Galicia. “A pandemia puxo de manifesto unha realidade sanitaria agravada polos continuos recortes do Partido Popular durante máis dunha década. A Xunta debe dotar de recursos humanos a sanidade e, máis concretamente, a Atención Primaria, porta de entrada ao sistema sanitario”, remarcou a deputada do BNG.

DEMANDAS NO PARLAMENTO

Neste sentido, o BNG lembrou que xa demandou en “reiteradas ocasións” no Parlamento galego que se atendan as patoloxías diferentes da covid, acabar coas listas de espera e establecer protocolos unificados para a atención presencial de pacientes en toda a Atención Primaria.

A deputada do grupo nacionalista instou a Xunta a dotar de persoal sanitario ante “o volume da carga de traballo que supón a atención aos afectados por covid”, así como a realizar, “coa máxima celeridade”, un Plan de Ordenación de Recursos Humanos, “imprescindible para identificar as necesidades de profesionais en Atención Primaria e acabar coa precariedade laboral”.

ÚLTIMAS

Denunciados os donos de dous cans que atacaron a un viandante e á súa mascota en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron denuncias contra os donos de dous cans que...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Feridas varias nenas ao ceder unha randeeira nun parque do Club Fluvial

Varias nenas resultaron feridas o pasado fin de semana na cidade de Lugo ao...