InicioSociedadeA Xunta inicia traballos de limpeza na estrada autonómica en Muras

A Xunta inicia traballos de limpeza na estrada autonómica en Muras

Estas tarefas, segundo apuntou a Consellería, iranse estendendo progresivamente ás distintas vías da rede de estradas de titularidade da Xunta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia iniciará esta semana os traballos de roza e limpeza nas marxes das estradas autonómicas das provincias da Coruña e Lugo, aos que destina 1,5 millóns de euros.

Tal e como informou a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade nun comunicado, o departamento renovou a encomenda dos labores á empresa pública Seaga durante 12 meses, así como tarefas de control de biomasa nas marxes das estradas autonómicas das catro provincias “en canto á prevención de lumes e o reforzo da seguridade viaria”. No marco destas intervencións, este luns empezarán os traballos na estrada AC-413, no municipio coruñés de Ordes, e na LU-172 en Muras.

Estas tarefas, segundo apuntou a Consellería, iranse estendendo progresivamente ás distintas vías da rede de estradas de titularidade da Xunta.

Infraestruturas explicou que, mediante estas actuacións, se impulsa a talla e a roza de vexetación de dominio público das estradas autonómicas e supoñen ademais “un apoio aos labores de conservación de zonas verdes en camiños peonís e glorietas”.

+ posts

ÚLTIMAS

Piden cinco anos de cárcere para unha moza por introducir droga no cárcere de Bonxe

A Audiencia Provincial de Lugo acolle este luns, 16 de novembro, unha vista preliminar...

Mercar no pequeno comercio de Lugo pode ter como premio un coche híbrido

Un coche híbrido é o premio que pode tocarlle a algún consumidor ou consumidora...

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...