InicioLugo e contornaLugoA área de Lugo rexistra máis novos contaxios que Vigo

A área de Lugo rexistra máis novos contaxios que Vigo

Foron 19 novas infeccións fronte as 10 da área olívica. Con todo, mantense á cola de Galicia xunto con Ferrol.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os novos contaxios de covid-19 detectados en Galicia volveron a baixar do centenar nas últimas horas, ata situarse nos 81, despois de que hai un día estiveran por encima dos 100 por primeira vez en toda a semana.

Ademais, segundo os datos actualizados este sábado pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 da xornada anterior, a presión hospitalaria descendeu lixeiramente ata os 68 os ingresados con coronavirus, mentres que os casos activos da enfermidade rexistraron unha caída por 21º día consecutivo, ata situarse nos 1.517 pacientes.

No que respecta aos hospitalizados, a pesar do descenso global grazas á caída dos ingresados en planta a 52 –tres menos–, os que se atopan en unidades de coidados intensivos repuntaron en dous, ata os 16. A evolución da presión hospitalaria é dispar entre todas as áreas sanitarias, ao aumentar en catro –A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo– e ter descendido nas outras tres; entre elas a de Lugo, con catro ingresados tras descender en tres con respecto á xornada anterior. Dúas persoas mantéñense en UCI, sen cambios.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

En canto aos casos activos de covid-19, alcanzan os 21 días de descenso continuo e redúcense a 1.517 no conxunto de Galicia, 64 menos que a xornada pasada, ao haber máis altas que novos diagnósticos. Esta caída replícase nas áreas sanitarias de Vigo, con 352 pacientes de coronavirus (-34); na de Santiago-Barbanza, con 182 (-24); en Pontevedra-O Salnés, con 148 (-9); e en Ourense-Verín-O Barco, con 149 (-6).
No entanto, en Lugo-A Mariña-Monforte os casos activos mantéñense sen cambios nos 208, estabilidade que se produce tras rexistrar 19 casos nas últimas horas.

ÚLTIMAS

Inaugurado en Lugo un busto en recordo a Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista hai 50 anos

Moncho Reboiras, asasinado pola policía franquista en 1975 e recoñecido polo Estado como vítima...

A Xunta licita a última fase a autovía Nadela-Sarria: as obras estarán en marcha no segundo semestre de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou este venres a licitación das obras correspondentes...

PP e BNG votan a favor de reprobar a José Tomé no Concello de Lugo ante acusacións de utilización das vítimas de agresións machistas

Os grupos municipais do PP e do BNG en Lugo aprobaron a moción, presentada...

O PP de Lugo denuncia o desvío de fondos para a rúa Fermín Rivera mentres o PSOE defende un novo convenio coa Confederación Hidrográfica

O Partido Popular de Lugo avanzou este luns a posta en marcha dunha campaña...