InicioLugo e contornaLugoCero positivos no cribado realizado esta fin de semana en Lugo

Cero positivos no cribado realizado esta fin de semana en Lugo

Foron sometidas aos tests unhas 200 persoas, a maioría persoal dos locais de hostalaría próximos á Praza Maior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) confirmou que todos os resultados foron negativos nas probas realizadas na cidade de Lugo. Só foi detectado un caso positivo e outro sospeitoso no cribado realizado este fin de semana na localidade de Chantada.

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, confirmou que na cidade de Lugo foron sometidas a un cribado unhas 200 persoas, a maioría persoal dos locais de hostalaría próximos á Praza Maior, en pleno centro do centro histórico da cidade. Todas as probas realizadas, como consecuencia dun “pequeno brote” de covid-19 detectado a semana pasada, deron negativo.

No caso de Chantada, foron convocadas unhas 1.000 persoas con idades comprendidas entre 20 e 70 anos, ademais doutras 300 que traballan de cara ao público en sectores como a hostalaría. Finalmente, presentáronse ao cribado unhas 900 persoas e só unha deu positivo, aínda que o Sergas estuda outro caso sospeitoso porque a mostra foi non concluínte. Con respecto á persoa que deu positivo, púxose en marcha de inmediato o protocolo de seguimento para identificar os seus contactos e cortar canto antes a cadea de transmisión.

En todo caso, Ramón Ares confirmou que, á vista dos resultados do cribado, a “incidencia é pequena”. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...