InicioSucesosAuxilian un menor que choraba na rúa tras unha discusión cos seus...

Auxilian un menor que choraba na rúa tras unha discusión cos seus pais

Os axentes axudaron tamén a unha muller de 100 anos tras caerse na súa habitación e a un home ebrio tirado nunha rúa de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo auxiliaron na madrugada deste martes un menor de 15 anos que choraba na rúa tras fuxir do seu domicilio por unha discusión cos seus pais. Segundo relatou a Policía Local, sobre as 00,10 horas deste martes 30 de marzo unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno detectou a un mozo que camiñaba pola Rúa dos Gardas.

Ao falar con este mozo os axentes comprobaron que tiña 15 anos e entre saloucos manifestou aos policías que fuxiu do domicilio por unha discusión cos seus pais. Co fin de garantir a seguridade, integridade e protección do menor, destacaron as mesmas fontes, a Policía Local contactou coa súa nai, que “xa o estaba buscando pola cidade”, quen acudiu a dependencias policiais en compañía dunha amiga para facerse cargo del. Os axentes realizaron acta de intervención para a súa remisión ao Servizo de Menores da Xunta e ao órgano xudicial competente.

AUXILIAN UNHA MULLER DE 100 ANOS

Doutra banda, axentes da Policía Local de Lugo auxiliaron unha muller de 100 anos que caeu no chan da súa habitación e non se podía levantar, así como a un home ebrio achado tirado nunha rúa da cidade.

Segundo informou a Policía Local, ás 6,30 horas deste pasado luns 29 de marzo unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi enviada a unha vivenda na rúa Monforte porque unha persoa de idade avanzada caeu no seu domicilio e non podía levantarse. Os axentes comprobaron que se trataba dunha muller de 100 anos de idade que se atopaba tirada no chan do seu dormitorio, polo que foi incorporada polos policías e trasladada á cama. Quedou a cargo dela un familiar.

Por outra banda, ás 16,40 horas do mesmo día unha patrulla detectou na rúa Camiño Real a un home tirado nunha beirarrúa. Os axentes comprobaron que se atopaba baixo a influencia de bebidas alcohólicas, polo que foi auxiliado polos policías que o incorporaron, tras o que rexeitou asistencia médica, indicaron as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

Chuvia, neve e temperaturas baixo cero na montaña de Lugo

Os termómetros volvéronse a esborrallar na madrugada deste martes ata valores negativos na maior parte...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo...

Morre nun parque de Lugo un home de 37 anos tras ser atopado semiiconsciente

Un home de 37 anos faleceu o sábado pola mañá en Lugo tras ser atopado...

A alcaldesa de Lugo agradece a inclusión do Museo da Romanización nos Orzamentos da Xunta

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mostrou a súa satisfacción pola inclusión dunha partida...