InicioSociedadeCae o número de casos novos en Lugo, pero as hospitalizacións seguen...

Cae o número de casos novos en Lugo, pero as hospitalizacións seguen á alza

O Sergas rexistra 72 pacientes en planta e 22 nas Uci da provincia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este martes 2 de febreiro un total de 2.135 casos activos de coronavirus (cinco máis ca onte). Ao tempo, nas últimas 24 horas confirmáronse 64 novos positivos entre as 1.025 probas PCR realizadas, unha cifra moi inferior aos datos que manexaba o Sergas en días anteriores. Porén, a caída de casos non se traduce aínda nunha baixada na presión asistencial, que de momento segue en aumento.

De feito, Sanidade comunica 92 hospitalizacións na área: 72 en planta (43 no HULA, 10 na Mariña, 16 en Monforte, 1 no Polusa) e outros 22 nas Unidades de Coidados Intensivos (20 no HULA e 2 na Mariña). As Uci da provincia nunca tiveron tantos pacientes de Covid de maneira simultánea.

Por outra banda, o Sergas refire 172 falecidos dende o inicio da pandemia, fronte a 8.101 persoas curadas. Isto supón 73 altas no día de onte. Ademais, dende marzo ata agora,  efectuáronse 160.818 PCR.

GALICIA

total de hospitalizados con Covid-19 en Galicia descendeu en 24 pacientes, pero aumentaron os ingresados con coronavirus en UCI en 11 ata situarse nos 253. Con respecto á xornada pasada aumentaron lixeiramente os contaxios, cun milleiro máis. Podes ler toda a información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...