InicioSociedadeKaiak, paddle surf e inchables de balde para aproveitar as últimas semanas...

Kaiak, paddle surf e inchables de balde para aproveitar as últimas semanas de verán

A Deputación, responsable das actividades, apunta que contarán con "todas as medidas" de seguridade sanitaria.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Kaiak, paddle surf, e inchables para aproveitar as últimas semanas de verán nos ríos de Lugo. A Deputación provincial vén de publicar unha listaxe de actividades gratuítas de lecer en espazos fluviais adaptadas á nova normalidade para promocionar o turismo interior e de natureza. Dende este venres, 21 de agosto, ata o 6 de setembro desenvolveranse sete xornadas con actividades acuáticas variadas en contornas fluviais dos concellos da Pontenova, Alfoz, Trabada, Guitiriz e Navia de Suarna.

Segundo apuntan dende o órgano provincial, cada xornada durará tres horas e poderán participar maiores de 6 anos de idade, que disporán dun coordinador e seis monitores encargados de dirixir e supervisar as actividades. A Deputación destaca tamén o cumprimento das medidas sanitarias no marco destas actividades, que segundo a Deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou que a situación sanitaria provocada pola COVID-19 “ podemos seguir desfrutando, pero doutra maneira”.

Este verán, engadiu “ofrecemos de novo esta alternativa de lecer para promocionar o turismo interior e de natureza, pero aplicando todas as medidas de seguridade establecidas e recomendadas polas autoridades sanitarias: dende a realización das actividades por grupos reducidos de 10 persoas, circuítos de entrada e saída, control da temperatura, hixiene de mans, uso de máscaras e mesmo un axente anti-covid para controlar as medidas preventivas e a desinfección do material. Todo para que se poidan desenvolver minimizando riscos, con todas as garantías posibles”.

A inscrición pode facerse unha hora antes do inicio de cada actividade ou chamando ao número de teléfono 636.504.155. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á web da Deputación.enres 21 de agosto, de 16 a 19 horas, onde tamén se poden consultar os horarios e o calendario das actividades.

ÚLTIMAS

Candia esixe ao goberno de Lugo que actúe ante os conflitos que se orixinan nos locais do lecer da rúa Tui

O barrio da Milagrosa de Lugo rexistrou esta fin de semana un novo incidente...

Detido en Lugo un home que quedou cunha menor de idade a través dunha aplicación de citas

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home que foi sorprendido o pasado día 3...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros...

Incendio nunha empresa de colchóns de Palas de Rei mobiliza un amplo operativo de emerxencias

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio iniciado no exterior do recinto...