InicioLugo e contornaLugoO 17 de agosto, un día para lembrar ós represaliados polo franquismo

O 17 de agosto, un día para lembrar ós represaliados polo franquismo

A Deputación de Lugo anuncia que oficializará a xornada como Día da Galiza Mártir.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O 17 de agosto pasará a ser o día na lembranza dos galegos represaliados polo Franquismo a nivel oficial. Así o expresaron a vicepresidenta da Deputación lucense Maite Ferreiro e o deputado de Memoria Histórica Efrén Castro na presentación dun acto previsto para o vindeiro luns 17. A devandita xornada terá lugar na honra e a lembranza dos “mártires de Galicia”, unha efeméride que podería converterse en oficial.

Na presentación do acto, o deputado de Memoria Histórica Efrén Castro avogou pola “institucionalización do 17 de agosto como Día da Galiza Mártir para lembrar a todas as persoas asasinadas e perseguidas polo franquismo en Galiza e  homenaxear a Alexandre Bóveda”. A conmemoración do Día da Galiza Mártir foi instaurada en 1942 en Bos Aires polos galegos no exilio na honra de Alexandre Bóveda, fusilado polos fascistas na Caeira, en Poio, no 1936.

Neste sentido, o deputado incidiu na “necesidade de desenvolver política públicas dirixidas ao coñecemento da nosa historia e ao fortalecemento dos valores democráticos, para proporcionar verdade, xustiza e reparación a todas as vítimas da represión e as súas familias”.

De xeito paralelo, lembrou que “segue pendente a localización de persoas asasinadas, a anulación das sentenzas ditadas polas tribunais fascistas, a devolución de bens expoliados, a retirada de honores e recoñecementos públicos aos verdugos e o enxuizamento dos delitos contra os dereitos humanos que se produciron durante o franquismo”.

O ACTO

O acto institucional do vindeiro luns terá lugar na localidade de Sarria e comezará cunha ofrenda floral no de Santa Mariña, a carón da placa que lembra ás vítimas do franquismo na comarca, ás 20:00 horas. A continuación, o historiador Rafael García Ferreira pronunciará unha conferencia baixo o título “O golpe do 36: violencia e perspectiva nacional”.  A música de Raiceira acompañará a intervención.

ÚLTIMAS

Chegan a Ribeira de Piquín 51 migrantes procedentes de África

Un total de 51 persoas migrantes procedentes de África, na súa maioría refuxiados de...

Visita á protectora de animais: a situación dos gatos, despois do brote de panleucopenia

Hai cousa dun mes e medio, a Sociedade Protectora de animais e plantas de Lugo tivo...

Excarceradas dúas persoas tras chocar frontalmente dous turismos na N-634, ao seu paso por Sancovade

Os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarcerar aos condutores de dous vehículos tras chocar...

A Deputación de Lugo reforza a formación de rederas con 39.000 euros para garantir a substitución xeracional

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou un novo convenio de...