InicioSociedadeSoben os casos de Covid na área sanitaria de Lugo tras días...

Soben os casos de Covid na área sanitaria de Lugo tras días baixando

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de COVID en Lugo aumentou nun caso este luns tras días de baixadas e sitúase en 71. De feito, a tendencia é ascendente en toda Galicia ounde o número aumenta en 38 e sitúase en 359 –tras subir en todas as áreas sanitarias salvo na de Santiago onde hai un menos que este domingo–, dos que 143 corresponden á área da Coruña.

Así se reflicte nos datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos 15 permanecen en unidades de hospitalización convencional –tres máis que este domingo– e un na UCI, mentres que 343 atópanse en seguimento domiciliario –35 máis respecto da xornada pasada–.

Dos 359 casos positivos, 143 corresponden á área da Coruña e Cee –25 máis que este domingo–; 71 á de Lugo –un máis–; 64 á de Vigo –un máis–, 28 á de Pontevedra e O Salnés –tres máis–; 26 á de Ourense –oito máis–; 24 á de Santiago –un menos– e tres á de Ferrol –un máis–.

Sanidade apunta que, ata a data, curáronse en Galicia 11.307 persoas, cinco máis que a xornada anterior, e faleceron 619 pacientes con COVID. A última vítima foi notificada o 10 de xuño, que se corresponde cun home de 83 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Do total, 274 estaban vinculadas con residencias.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 254.374 fronte ás 253.196 contabilizadas ata este domingo, apuntou Sanidade.

RESIDENCIAS

Do total de casos rexistrados en Galicia hai dous vinculados con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponden a dous traballadores, mentres as residencias seguen sen usuarios infectados.

En concreto, segundo os datos actualizados este luns, os positivos detectados en residencias corresponden a un traballador da Residencia de Maiores de Paradela e dunha empregada da Residencia de Maiores San Bartolomeu de Xove, ambas en Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...