InicioLugo e contornaAsí está sendo o brutal incremento de casos na área sanitaria de...

Así está sendo o brutal incremento de casos na área sanitaria de Lugo

A ratio da provincia lucense resulta particularmente destacable por multiplicarse por 10 en apenas dúas semanas. 

PUBLICADA O

- Advertisement -

O foco de coronavirus rexistrado na comarca da Mariña segue espallándose a grandes pasos e xa sitúa a zona sanitaria de Lugo como a máis afectada de toda Galicia. A provincia suma 196 dos 259 casos da comunidade logo de que o Sergas informara de 6 novos positivos na zona, unha proporción que se corresponde 3 de cada 4 contaxios rexistrados en toda Galicia. Deste xeito, Lugo supera con enorme amplitude á área sanitaria de Vigo, a máis afectada nas datas da chegada da ‘nova normalidade’.

Estas variacións numéricas poden ser comprobadas no gráfico seguinte, elaborado por Celso Álvarez Cáccamo. A representación interactiva válese dos datos ofrecidos polo Sergas para amosar a porcentaxe de casos activos por 100.000 habitantes en cada unha das áreas sanitarias dende o 24 de xuño ata este venres. A ratio da provincia lucense resulta particularmente destacable por multiplicarse por 10 en apenas dúas semanas.

Os datos publicados polo Sergas este venres 10 indican un crecemento total de 21 novos positivos nas últimas 24 horas no conxunto de Galicia. Tendo en conta a curación de 18 persoas no mesmo período, a conta total da comunidade queda en 259 casos, 3 por riba das cifras de onte.

ÚLTIMAS

Cachan a dous condutores de patinete eléctrico borrachos en Lugo, un deles superando o límite penal

A Policía Local de Lugo detectou ao longo da semana pasada a dous condutores de patinete eléctrico...

O Concello de Lugo modifica horarios de traballadores e instalará paneis especiais nas escolas infantís pola calor

O pleno ordinario de xuño do Concello de Lugo abriuse este luns coa intervención...

Lara Méndez, “tranquila” ante a situación de José Tomé nas primarias: “Cando detectamos un problema, dámoslle solución, non coma o PP”

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, dixo estar "tranquila" ante a situación do...

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia celébrase en Lugo por primeira vez como Ben de Interese Cultural

A cidade de Lugo acolle este domingo, 29 de xuño, unha nova edición da...