InicioSociedadeOs casos activos baixan a 38 na provincia, cunha soa persoa ingresada

Os casos activos baixan a 38 na provincia, cunha soa persoa ingresada

As UCI galegas rexistran un único paciente con coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo non presenta grandes novidades neste xoves 4 de xuño. Os casos activos por coronavirus seguen baixando paulatinamente e, segundo a Consellería de Sanidade, hoxe contabilízanse 38 positivos, un menos ca na xornada de onte.

Non hai cambios nos datos dos hospitais, onde só unha persoa permanece ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti. O resto de centros da provincia seguen libres de COVID-19, así como as Unidades de Coidados Intensivos.  Outras 37 persoas están a ser atendidas nos seus domicilios.

Respecto do histórico de datos, o Sergas refire 884 altas e 28 falecementos a fío da pandemia. O último foi o dunha muller de 76 anos que finou na unidade de críticos do HULA o pasado martes.

GALICIA

Os datos oficiais para o conxunto galego indican 569 casos activos, o que supón unha baixada de 109 respecto do día de onte. Unha única persoa continúa na UCI e outras 23 están ingresadas en planta. O Sergas documentou 10.148 persoas curadas e 618 falecementos (+1).

ÚLTIMAS

Comezan as obras de desdobre do último tramo da avenida Infanta Elena en Lugo

As obras que completarán o desdobre e humanización dos 2,7 quilómetros da Avenida Infanta...

Tomé e Castro presentan o número máximo de avais para dirixir o PSOE provincial

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o edil de Paradela Iván Castro presentaron...

Condenados 8 ultras participantes nunha pelexa na previa do Lugo-Ponferradina de 2023

O Xulgado de Instrución nº1 de Lugo condenou este luns aos oito ultras investigados pola súa...

Café Candelas obtén visto e prace ambiental para construír unha planta que aglutinará todo o proceso produtivo en Lugo

Café Candelas obtivo o visto e prace da Xunta desde o punto de vista ambiental para...