InicioSociedadeLugo rexistra 51 casos activos e Galicia baixa dos 800

Lugo rexistra 51 casos activos e Galicia baixa dos 800

Tres positivos menos na área lucense, onde dúas persoas permanecen na UCI e outras dúas en planta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue a minguar, segundo o reconto oficial ofrecido este xoves polo Sergas. A Consellería de Sanidade documenta 51 positivos na área lucense, tres menos ca onte. 

Na provincia hai catro persoas ingresadas a causa da pandemia, dúas delas na Uci do HULA e outras dúas en plantas desde mesmo centro hospitalario. En domicilio documéntanse un total de 47 casos, tres menos có pasado mércores.

No reconto histórico da provincia, o Sergas contabiliza 27 falecementos e, ao tempo, déronse 869 altas.

GALICIA

A nivel galego, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 799. Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en Uci, 37 están en unidades de hospitalización e 757 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.849 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Guitiriz amplía a denuncia contra a alcaldesa por posibles “irregularidades en documentos oficiais”

O Partido Popular de Guitiriz anunciou este mércores a ampliación da denuncia presentada contra...

Tiros e un ferido de bala na perna nunha liorta entre dous clans en Lugo

Un home resultou ferido nunha perna con impacto de bala no marco dunha liorta...

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...