InicioSociedadeReforzan os xulgados do Social e a Audiencia de Lugo para "facer...

Reforzan os xulgados do Social e a Audiencia de Lugo para “facer fronte á carga de traballo”

As medidas de apoio establecécense durante seis meses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) acordou este mércores renovar as medidas de apoio para reforzar os xulgados do Social de Lugo e a Audiencia Provincial luguesa durante seis meses co fin de “facer fronte á carga de traballo”.

Así o informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que concretou que o CGPJ deu o visto e prace á renovación da comisión de servizo con relevación de funcións a favor de Paula Ventosa Bermúdez, xuíza de adscrición territorial do alto tribunal galego.

Ademais, o CGPJ deu o visto e prace, dentro da execución do plan extraordinario de reforzo en materia de despedimentos, á renovación da comisión de servizo con relevación de funcións a favor de Eladio Prieto Bellas, titular do Xulgado do Penal número 1 de Lugo.

As dúas medidas de apoio establecéronse durante seis meses, indicou que o TSXG, que engadiu que para tomar esta decisión, a Comisión Permanente tivo en conta a evolución e o estado dos órganos a reforzar.

A dedicación media dos xulgados do Social de Lugo, indica o YSXG, “foi moi superior ao módulo establecido en todos os períodos analizados: 137% en 2017, 132% en 2018 e 168% en 2019”.

A pesar diso, a 31 de decembro de 2019 estes órganos tiñan unha pendencia media de 1.433 asuntos, cando a media en Galicia de casos pendentes destes xulgados é de 837; e, a estatal, de 793, sinalan as mesmas fontes.

Así mesmo, o tempo medio de resposta, a 31 de decembro de 2019, era de 14,4 meses, tamén superior á media da comunidade autónoma, que era de 9,9 meses.

En canto á entrada media de asuntos computables, en 2017 foi un 151% superior ao módulo que establece o CGPJ; en 2018, un 148%; e, en 2019, un 154%.

COMISIÓN DE SERVIZO

O CGPJ tamén aprobou unha medida de apoio para reforzar a Sección Primeira da Audiencia Provincial de Lugo, consistente nunha comisión de servizo sen relevación de funcións a favor de Sandra María Piñeiro Vilas, maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Lugo.

O reforzo terá lugar durante seis meses, desde o 1 de xuño ao 31 de decembro de 2020, excluído o mes de agosto e a comisionada asumirá tres relatorios semanais, concretou o TSXG.

ÚLTIMAS

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Ángel Pérez, novo alcalde de Guntín con 27 anos

O pleno do Concello de Guntín elixiu na tarde deste mércores como o seu...

Identificado un veciño de Lugo por danar un bolardo e quitar outro porque dificultaba o xiro para entrar na súa propiedade

Axentes da Policía Local de Lugo levantaron acta por danos na vía pública e...

Arden varios colectores de madrugada na cidade de Lugo

Varios colectores arderon na madrugada deste mércores na Estrada da Granxa, na cidade de...