InicioSociedadeAumentan en 15 os casos positivos en Lugo, ata chegar aos 662...

Aumentan en 15 os casos positivos en Lugo, ata chegar aos 662 infectados

No conxunto de Galicia increméntase a cifra ata os 6.824, con 120 diagnósticos máis que o venres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo rexistra este sábado, 25 de abril, un total de 662 casos positivos de coronavirus, 15 máis ca no día de onte, cando se rexistraban 647 persoas infectadas. Segundo os datos da Consellería de Sanidade, aumentan nunha persoa os pacientes ingresados nas Unidades de Coidados Intensivos, que neste momento rexistran un total de nove casos (2 deles na UCI do Hospital Público da Mariña; e os outros 7 na do HULA).

Outros 22 permanecen en hospitalización, dous menos ca este venres, cando había 24 persoas con atención hospitalaria. 3 deles atópanse no Hospital Público da Mariña, 12 no Hospital Virxe dos Ollos Grandes e o resto no HULA. Monforte, a día de hoxe, segue a rexistrar 0 ingresos por COVID-19.

O resto de casos positivos de coronavirus, 631, están illados nos seus propios domicilios. Esta cifra supón un aumento de 16 persoas respecto do día de onte, no que había 615 casos.

Ata o día de hoxe a pandemia deixa en Lugo un total de 26 falecidos, 129 altas e 817 persoas que se viron afectadas pola Covid-19 (contando os falecementos e as altas).

GALICIA

Os casos de coronavirus no conxunto de Galicia aumentan ata os 6.824, de maneira que son 120 diagnósticos máis que os rexistrados o venres. Ao mesmo tempo tamén crecen as altas ata as 1.783 (+53) e as persoas ingresadas na UCI chegan ás 90 (+3).

Segundo os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o incremento rexistrado este sábado é do 1,79% no número de casos activos, do 3% respecto das persoas dadas de alta e do 3,45% en canto ás persoas ingresadas na UCI.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...