InicioSociedadeA Policía Local de Lugo endurece as multas por incumprir a corentena

A Policía Local de Lugo endurece as multas por incumprir a corentena

PUBLICADA O

- Advertisement -
Axentes da Policía Local de Lugo tramitaron esta semana unha trintena de denuncias a outros tantos condutores que circulaban pola cidade cos seus vehículos a pesar das restricións impostas polo estado de alarma, decretado polo Goberno de España para frear a expansión do coronavirus.
Segundo informou este corpo de seguridade, axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio estableceron “diferentes dispositivos fixos e móbiles” na cidade nos últimos días e onte denunciaron a outros sete condutores.
Esas sete denuncias súmanse ás 22 que cursaran os axentes da Policía Local en diversas rúas de Lugo nos tres días previos a condutores que non acreditaron que a súa presenza na vía pública era debida a algún dos supostos autorizados. Os axentes cursaron as correspondentes propostas de sanción para cada un dos denunciados, con multas que van desde os 601 aos 30.000 euros.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...