InicioEconomíaKazakhstán aprende do sector do leite de Lugo

Kazakhstán aprende do sector do leite de Lugo

A delegación asiática solicitou ver as instalacións da USC vencelladas ao eido leiteiro para intercambiar información e iniciar procesos de internacionalización das empresas lácteas

PUBLICADA O

- Advertisement -

GC EMPRENDE | A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) da USC e a spin-off TasteLab, nada tamén na sede universitaria luguesa, recibiron este martes a visita dunha delegación empresarial ligada ao sector da leite de Kazakhstán, no marco dun proxecto internacional orientado a implantar a política de clúster na república asiática e que conta con financiamento do Banco Mundial.

En representación da Universidade de Santiago compareceron a vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e a súa adxunta para Investigación, Transferencia e Innovación, Elvira López Mosquera; mentres que a comitiva asiática contou co representante do Instituto de Desenvolvemento da Industria de Kazakhstán e de tres integrantes do Clúster do Leite de Akmola Oblast, tamén pertencente a este país.

A misión empresarial asiática, integrada pola executiva do Instituto de Desenvolvemento da Industria de Kazakhstán, Gulnara Saukenova, e por tres representantes do Clúster do Leite de Akmola Oblast, a directora da empresa Capital Natur Product, Mariya Novikova; o director financeiro da empresa Gormolzavod, Aslan Kurmangaliyev, e o director da firma Esil Butter Factory, Valrey Khainakov, solicitou visitar estas instalacións e servizos da USC relacionadas co sector leiteiro, a fin de poder intercambiar e compartir información e tamén para coñecer algún dos proxectos de I+D+i nos que participa a USC.

A presentación da actividade que se está a realizar no Clúster do Leite Akmola Oblast de Kazakhstán e a exploración de posibles vías de colaboración coa institución universitaria tamén figuran entre os obxectivos desta visita. A presenza desta representación do Clúster do Leite kazahho no campus lugués encádrase no marco dunha expedición internacional apoiada polo Ministerio de Economía Nacional da República de Kazakhstán para favorecer o coñecemento da forma de traballar e das experiencias de empresas e clúster europeos do sector lácteo.

O coñecemento dos procesos de internacionalización das empresas europeas, así como doutros aspectos relacionados con insumos de produción e eficiencia, ademais da avaliar a posibilidade de establecer futuras liñas de cooperación son outros dos cometidos. A delegación asiática aproveitará a súa estadía dunha semana en Galicia para visitar ademais diversas empresas do sector leiteiro e para manter encontros con responsables políticos e representantes de numerosas entidades.

 

PARA AMPLIAR

Como vai ser o sector agrogandeiro a partir do 2020?

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...