InicioEconomíaAs explotacións de montaña poderían perder os 23M que ían cobrar ata...

As explotacións de montaña poderían perder os 23M que ían cobrar ata finais de 2020

UU.AA pide unha reunión urxente co presidente da Xunta de Galicia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Unións Agrarias (UU.AA), Roberto García, avisou de que as explotacións agrarias situadas en zonas desfavorecidas ou de Montaña poderían perder os 23 millóns de axudas europeas que tiñan previsto cobrar antes de finais de 2020 se Bruxelas atende “a proposta da Xunta de Galicia” para ampliar o prazo de execución do Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020.

Ao mesmo tempo, a Consellería do Medio Rural, pola súa banda, destinou 1.964.600 euros nos dous últimos anos para desenvolver 79 proxectos de creación de superficies forestais en 27 municipios da provincia de Lugo, segundo informou o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro.

En declaracións aos medios de comunicación, Roberto García precisou que a proposta de ampliación pide ás autoridades comunitarias unha “prórroga de tres anos para o desenvolvemento do PDR, dado que neste momento se atopa “ao 50% de execución e hai 500 millóns sen gastar”.

Con todo, aclara, nesa proposta hai dúas decisións que afectan directamente ás explotacións agrarias, como o feito de que as granxas queden sen axudas agroambientais “máis aló de 2020”, de modo que non recibirán achegas para completar a súa renda “en 2021, 2022 e 2023”.

Ademais, os 23 millóns que ían ingresar as granxas situadas en zonas desfavorecidas ou de Montaña antes de finais de 2020, como “axudas á renda”, destínanse “a empresas de roza e de loita contra o lume” ou a extensión “de banda dixital”.

Segundo García, trátase dun “ataque directo ao modelo de explotación familiar na zona de montaña” e unha decisión que toma o camiño contrario “ao discurso oficial por parte da Xunta de Galicia” sobre o apoio á economía rural.

Por iso, o sindicato solicitou unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para saber se “comparte o criterio” explicitado nesa proposta; e ademais iniciará de inmediato unha campaña en todos os municipios afectados por esa decisión, con axuda dos concellos, a Fegamp e as deputacións.

Lembrou García que na provincia de Lugo, por exemplo, hai municipios cuxas granxas deixarán de percibir ao redor dun millón de euros, unha diferenza que, en realidade, pode marcar a diferenza entre “permanecer abertas ou optar polo peche”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...