InicioSociedadeA Policía entra nun ensaio da banda municipal de música de Lugo...

A Policía entra nun ensaio da banda municipal de música de Lugo para identificar ao director

O PP critica que concello poida ter unha persoa traballando en dependencias municipais sen ningún tipo de contrato.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do Partido Popular informou que axentes da Policía Local de Lugo, acompañados por membros da xunta de persoal do Concello, interromperon un ensaio da banda de música para identificar á “persoa que estaba a exercer como director”, por supostas “irregularidades” na súa “situación laboral”.

Segundo informou a concelleira Beatriz Vázquez, edís do Partido Popular estaban a realizar unha das visitas programadas a diferentes servizos municipais cando se atoparon con este “esperpento”. “O que nos atopamos onte cando fomos ao ensaio da banda foi un esperpento. Os músicos que estaban tiveron que parar porque o seu director plantounos”, dixo a edila, porque “ao parecer hai irregularidades” na súa situación laboral, “o que motivou que se presentase a xunta de persoal coa policía para levantar acta”.

Ao seu xuízo, “parece que cada vez imos a peor”, porque “o novo goberno local quería contratar a alguén para que a banda tocase no San Froilán e resulta que unha xestión tan común e simple non se fixo correctamente”. Por iso, preguntábase “que repercusións legais e económicas podería” ter que asumir o Concello por “ter unha persoa traballando en dependencias municipais sen ningún tipo de contrato, como dan a entender que ocorre”.

Que responsabilidades penais poderían ter os membros do goberno por esa orde?“, insistiu. Desde o seu punto de vista, “é unha pena que durante décadas deixouse morrer unha banda con tanta fama como a de Lugo, que leva xa tres anos sen dirección e cos músicos en precario”.

ÚLTIMAS

Volve este luns ‘Lugo Termal’: descontos en balnearios lucenses para maiores de 50

A Deputación de Lugoabrirá este luns o prazo para solicitar as 1.750 prazas do programa...

Ferida unha persoa en Begonte tras caer nunha cuneta co seu tractor e quedar atrapada

Unha persoa resultou ferida tras caer nunha cuneta co seu tractor e quedar atrapada...

Ferida unha persoa ao sufrir queimaduras por mor dun incendio na súa vivenda en Monterroso

Unha persoa resultou ferida ao sufrir queimaduras por mor dun incendio na campá extractora...

O Goberno ratifica que “nas próximas semanas” abrirá o tramo Melide-Palas de Rei da A-54

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, ratificou que "nas próximas semanas" abrirá o...