InicioLugo e contornaLugoLugo pon de novo a funcionar todos os seus radares urbanos

Lugo pon de novo a funcionar todos os seus radares urbanos

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz en funcións do goberno local de Lugo, Miguel Fernández, confirmou que xa están de novo en funcionamento o tres radares instalados no centro urbano da cidade de Lugo, despois do proceso de homologación ao que foron sometidos para que as súas medicións teñan validez á hora de tramitar as sancións correspondentes por excesos de velocidade.

Na cidade de Lugo hai dous radares fixos situados na Rolda da Muralla, a vía perimetral que rodea ao monumento romano e que agora é Zona 30, e hai outro que se sitúa de forma alternativa na Avenida de Madrid ou na Avenida Duquesa de Lugo.

Todos eles estiveron parados desde febreiro para ser sometidos á correspondente revisión técnica, o que motivou as críticas dos grupos da oposición municipal, que acusaron o goberno da socialista Lara Méndez de falta de previsión.

O goberno local, que non quixo entrar en polémicas con outros partidos, explicou no seu día que non podía facilitar datos sobre o funcionamento dos radares, porque se trata de información reservada cuxa divulgación pode comprometer a seguridade viaria. Nesta ocasión, Fernández limitouse a confirmar que os radares “pasaron os controis” previstos e están xa “funcionando desde hai uns días”.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...