InicioLugo e contornaLugoCandia chama a analizar os resultados con "contundencia" e "asumir responsalidades"...

Candia chama a analizar os resultados con “contundencia” e “asumir responsalidades” tras as municipais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta do PP de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, considerou que se deben “asumir responsabilidades” tras os resultados da elección xerais, onde os ‘populares’ rexistraron os peores resultados da súa historia, aínda que pospuxo esta análise ata despois das municipais do 26 de maio.

“Entramos neste momento nunha etapa onde todo o mundo está a traballar cos equipos e cos programas locais e creo que toda esa análise que se debe de facer, con moito realismo e contundencia, debe de esperar ao 26 de maio”.

A provincia de Lugo foi unha do catro onde se impuxeron os ‘populares’, aínda que cunha porcentaxe significativamente máis baixo que en eleccións anteriores e co PSOE a menos de 800 votos.

A presidenta popular sinalou que agora “non” se debe de “perder ningún esforzo no traballo xa iniciado hai meses” e que se alterou coa convocatoria de eleccións xerais. “Pero non debemos de desviar a atención”, matizou

“Hai proxectos que levan catro anos construíndose, e agora temos que facer un último esforzo para explicarllo á xente. A partir de aí tocará analiza e asumir responsabilidades obviamente e facer a valoración que corresponda, facendo autocrítica que é normal que se faga despois duns malos resultados”, concluíu

+ posts

ÚLTIMAS

Axenda teatral do Circuíto de Teatro Profesional da Vicepresidencia da Deputación

Continúa a dinámica axenda teatral dos concellos de Lugo dentro do Circuíto de Teatro...

“Esta é a violencia laboral que vivimos”: a CIG denuncia presións, ameazas e problemas de saúde na banca galega

A perda de dereitos laborais, o descenso dos salarios e as presións para acadar...

Besteiro acusa a PP e Vox de “ter présa” por esquecer os asasinatos franquistas e pide en Lugo “memoria, xustiza e dignidade”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou este xoves en Lugo...

A Deputación de Lugo renova a xestión de tres espazos turísticos e destina preto de 400.000 euros a estradas

A Deputación de Lugo deu luz verde á adxudicación da xestión de tres instalacións...