InicioLugo e contornaLugoA CIG insiste en reclamar o cuarto Xulgado Social en Lugo

A CIG insiste en reclamar o cuarto Xulgado Social en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE. A CIG volvía protagonizar esta mañá unha nova concentración ante a sede xudicial de Lugo, na Praza de Avilés, para reclamar a creación do cuarto Xulgado do Social na capital lucense, dado que o sindicato considera que o reforzo prometido polo Ministerio de Xustiza non é máis que “un parche” que non vén resolver o problema estrutural que padece esta provincia.

Na concentración coincidiron varios representantes políticos. Así, ademais do candidato do BNG á Alcaldía, Rubén Arroxo, tamén participaron o portavoz de En Marea, Luís Villares.

En declaracións a EFE, o secretario de Organización da CIG, Lois Neto, lembrou que ese reforzo xudicial, comprometido pola ministra de Xustiza, Dolores Delgado, despois dunha reunión coa alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, non só “non é suficiente, senón que non é unha realidade”.

En relación con ese reforzo, que na práctica ía ser equivalente á creación dunha nova unidade xudicial, polo menos de forma temporal, Lois Neto asegurou que “non hai constancia deses contratos en ningún ámbito”, de modo que nin sequera se buscou unha solución para saír do paso ante a gran cantidade de casos que esperan resolución nos xulgados de Lugo.

Ao seu xuízo, o anuncio dese reforzo provisional non é máis que unha “medida propagandística”, unha “cortina de fume para esconder os malos tratos do Goberno aos traballadores e traballadoras de Lugo, que quedan no máis absoluto desamparo”.

Desde o seu punto de vista, a situación dos xulgados do Social en Lugo non é algo conxuntural, senón un problema de carácter estrutural, de modo que a creación desa cuarta unidade “é absolutamente necesaria”.

+ posts

ÚLTIMAS

Presentado o proxecto para crear oito novas rotondas de cara a axilizar o tráfico en Lugo

O primeiro tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, fixo público o proxecto de...

Rueda defende a moción en Lugo entre acusacións de “comprar poder” e “incumprir” os estatutos do PP

A sesión de control do Pazo do Hórreo anticipou este martes o guión que...

Abre a estrada que conecta Vilalba e Chavín pola Balsa despois de arranxar unha ponte

A Deputación vén de reabrir ao tráfico a estrada LU-P-6502, que conecta Vilalba e...

Case 20 actividades no Arde Lvcvs Cvltvral para celebrar o 25 aniversario da festa

O Arde Lvcvs Cvltvral despregará este ano unha programación con preto de 20 actividades...