InicioEconomíaCarmen Lence, entre os 100 empresarios máis valorados do Estado

Carmen Lence, entre os 100 empresarios máis valorados do Estado

Un informe de Merco sitúa ao Grupo Lence como unha das compañías máis reputadas do Estado

PUBLICADA O

- Advertisement -

Grupo Lence foi recoñecido na edición 2026 do Monitor Empresarial de Reputación Corporativa (Merco), un dos principais referentes na avaliación da reputación empresarial en España. Nesta edición, a compañía figura entre as 200 empresas con mellor reputación do país, mentres que a súa presidenta, Carmen Lence, foi incluída no ránking dos 100 líderes empresariais con mellor reputación de España, ao ocupar o posto 95.

Segundo traslada esta empresa familiar “100% galega e unha das principais compañías lácteas de España”, este grupo sitúase no top 20 das industrias da alimentación. En concreto, no posto 19. Este recoñecemento, engade, sitúaa entre as organizacións máis valoradas do panorama empresarial español. “Supón un aval ao traballo desenvolvido por todo o equipo humano da compañía, así como ao seu compromiso coa calidade, a innovación, a sustentabilidade e o desenvolvemento do medio rural”, destaca.

Expón que para Carmen Lence “formar parte deste ránking é unha honra” e recalca que este recoñecemento “pertence a todo o equipo, porque a reputación constrúese con feitos, compromiso e coherencia ao longo do tempo”. Así, considera que esta distinción ten un “significado especial” para a compañía, xa que “pon en valor un modelo empresarial arraigado en Galicia, comprometido co seu territorio e coas persoas que forman parte del”.

+ posts

ÚLTIMAS

Homenaxe á Rede Museística Provincial de Lugo no seu XX aniversario por parte de 50 especialistas

A Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL) recibiu unha emotiva homenaxe no Pazo de...

Fernández acusa a Candia de frear a reforma da Avenida da Coruña: “É un erro estratéxico”

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, cualificou hoxe de "gravísimo erro estratéxico"...

Investigan dúas persoas por presunta fraude de 105.000 euros a dous concellos da provincia de Lugo

A Garda Civil de Lugo investigou a dúas persoas, residentes nas provincias de Murcia...