InicioEconomíaA Deputación desprega medios en 35 concellos en alerta por xeo e...

A Deputación desprega medios en 35 concellos en alerta por xeo e neve

Os 35 concellos de maior risco por acumulación de xeo e neve contan arestora coa metade dos medios dispoñibles na provincia traballando en labores de prevención

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, informou este luns de que o goberno provincial mantén activado o dispositivo de inverno co que facer fronte a incidencias relacionadas coas inclemencias meteorolóxicas na rede viaria provincial. Os medios arestora despregados sitúanse nos 35 concellos con maior risco de acumulación de neve ou xeo, e están a realizar labores de prevención.

Son 64 operarios e 32 máquinas os despregados nestes municipios críticos, estendendo sal nas vías coas que garantir que non se formen placas de xeo, evitando o uso doutro tipo de fundentes máis agresivos coas estradas e co medio ambiente. Este despregamento supón a metade dos efectivos e medios dispoñibles para coidar da rede viaria provincial máis extensa do Estado, con 4.200 quilómetros.

Cada unha das sete pemes lucenses adxudicatarias do Plan Invernal dispón do dobre de medios por se fose preciso. A maiores aparte desta maquinaria, o dispositivo invernal conta asemade con varias máquinas do parque móbil da Deputación, con palas mixtas e camións que se engaden ao protocolo de actuación se é preciso.

O dispositivo despregado pola Deputación atópase dividido en 8 zonas da rede viaria provincial, de 300 a 750 quilómetros de extensión. Por cada zona designada hai 8 vehículos con 14 operarios: 2 máquinas quitaneves con cuña, 2 tractores adaptados con saleiro e cuña, 2 pick up adaptadas con cuña e saleiro, e 2 vehículos de apoio con medios mecánicos. 

O organismo provincial conta con 35 toneladas de sal para os 12 silos, que se atopan en Cervantes, Folgoso do Courel, Becerreá, A Fonsagrada, Ribas do Sil, Navia de Suarna, Riotorto, O Incio, Ourol, O Valadouro, Pedrafita do Cebreiro e Lugo. A Deputación é a encargada de subministrar sal aos Concellos para a súa aplicación nas estradas municipais.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...