InicioEconomíaFomento asegura que os prazos do anterior Goberno para o tren Lugo-Ourense...

Fomento asegura que os prazos do anterior Goberno para o tren Lugo-Ourense “eran irreais”

O secretario xeral de Infraestruturas comprometeuse a comunicar a data de publicación dos estudos sobre as variantes do tren Lugo-Ourense antes de Nadal

PUBLICADA O

- Advertisement -

Eixo Atlántico mantivo en Madrid un encontro co secretario xeral de Infraestruturas, José Javier Izquierdo Roncero, no que constatouse o desigual avance na modernización do ferrocarril Lugo-Ourense. Malia que as obras de electrificación avanzan segundo o previsto, non hai prazos na planificación das variantes imprescindibles para a mellora nos tempos de viaxe.

A delegación do Eixo Atlántico, na que estaban presentes o presidente Alfredo García, secretario xeral Xoán Vázquez Mao e mailo rexedor monfortino José Tomé, considera esta falta de información un agravio comparativo. Roncero, alegando que os prazos do anterior Goberno eran “irreais”, negouse a dar unha data firme para a saída a exposición pública do estudo informativo das variantes dos Peares-Canabal e Monforte-Rubián.

Estas variantes son fundamentais para o tren Lugo-Ourense. Trala insistencia dos representantes do Eixo, o secretario xeral comprometeuse a trasladar a data antes de Nadal. Sirva a comparativa: o exministro Íñigo de la Serna afirmara que o estudo sería público en outubro, coa previsión de iniciar as licitacións no verán de 2019.

Como primeiro paso, a electrificación da liña servirá para actualizar o servizo de media distancia. Isto permitirá que unha unidade da Alta Velocidade se separe en Ourense e poida chegar a Lugo, sen necesidade de que os usuarios cambien de tren.

Conectando Lugo por autovía

A parte máis positiva da xuntanza foi a pronta licitación de novos treitos da A-76. Esta conexión constituirá a primeira autovía que vertebre o interior de Galicia, pois o espazo Lugo-Ourense constitúe a única zona pola que aínda non se pode circular por unha autovía.

A delegación pediu alternativas para axilizar o nexo en Monforte, coa perspectiva de mellorar a conexión ate Ourense, e que non se vexa afectada pola previsible declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Adif evita detallar os prazos para a chegada da Alta Velocidade a Lugo

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...

Prisión provisional para o detido por apuñalar a outro home nun bar da Milagrosa

O home detido pola súa presunta implicación no acoitelamento doutro cliente nun bar do...

O Mariñas Sound, o festival que naceu “dun grupo de amigos de 20 anos”, pon música á previa do San Froilán

O Mariñas Sound afronta a súa cuarta edición coa previsión de reunir a máis...