InicioEconomíaO convenio para construír a Intermodal de Lugo podería estar listo en...

O convenio para construír a Intermodal de Lugo podería estar listo en xaneiro

Adif presenta o anteproxecto da Intermodal como paso previo a definir as responsabilidades das distintas administracións e o financiamento no novo convenio

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Empezamos a falar de prazos”. Esa foi a principal conclusión da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, trala presentación do anteproxecto da Intermodal de Lugo. A rexedora dixo estar “satisfeita” despois da “frutífera reunión” canda á presidenta de Adif, a lucense Isabel Pardo de Vera, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. A previsión das administracións involucradas é asinar o convenio para a estación combinada de tren e bus en xaneiro.

Un investimento de entre 27,5 e 31,6 millóns de euros permitirá acometer a Intermodal, que comprende a estación ferroviaria, a de autobuses e un novo aparcadoiro de vehículos privados, conxunto que quedará integrado na trama urbana de Lugo. O anteproxecto segue as liñas mestras do Protocolo de data 4 de agosto de 2010, que sentara as bases da colaboración entre o Ministerio de Fomento, o adminstrador ferroviario estatal Adif, a Xunta de Galicia e o Concello de Lugo.

Solucións adoptadas

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, presenta en febreiro o anteproxecto para a estación de tren que irá incluída na Intermodal de Lugo | Xunta de Galicia
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, presenta en febreiro o anteproxecto para a estación de tren que irá incluída na Intermodal de Lugo | Xunta de Galicia

A partida incluiría os 2.705.000 euros para a dársena de autobuses, a cargo da administración autonómica. O Goberno central licitará o proxecto construtivo da estación de tren dende a fase de estudos previos, incluíndo a tramitación ambiental, e a coordinación do proxecto que desenvolverá a Xunta de Galicia.

Fontes de Adif salientan que o anteproxecto único aproveita a ampla superficie en desuso para a construcción dun novo edificio para viaxeiros de ferrocarril, ubicando o espazo adicado aos autobuses no mesmo nivel que a praia de vías. Esta solución foi adoptada para facilitar a construcción e a explotación das instalacións. Así mesmo, estudiarase un acceso peonil dende a cota superior e unha cobertura vexetal para o desnivel existente. Todo, coa preceptiva conexión urbana e incluíndo o novo aparcadoiro.

Para Méndez, a Intermodal é “a única actuación que garante a chegada da Alta Velocidade a Lugo”. A actualización do proxecto “corrixe as desigualdades sufridas polos lucenses”, pois a cidade quedara “nun segundo plano” con respecto a outras cidades galegas. Unha vez acordada a solución construtiva definitiva, Adif, Concello e Xunta asinarán previsiblemente en xaneiro o convenio que estabelecerá as responsabilidades de cada unha das administracións, e a forma de financiamento, para as distintas actuacións.

O Eixo Atlántico propón a Fomento tres novas conexións ferroviarias para Lugo

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...

A Deputación destina 750.000 euros a formación dixital para zonas en risco de despoboamento

A Deputación Provincial de Lugo anunciou a posta en marcha do proxecto 'E para...