InicioEconomíaA lucense Isabel Pardo de Vera, nova presidenta de Adif

A lucense Isabel Pardo de Vera, nova presidenta de Adif

Quen fora responsable de obra en Angrois será a primeira muller en dirixir o administrador estatal da infraestrutura ferroviaria

PUBLICADA O

- Advertisement -

A presidenta de Adif será Isabel Pardo de Vera Posada, natural de Lugo. O Ministerio de Fomento confirmou a Europa Press que será ela a sucesora de Juan Bravo á fronte do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, un relevo que era cuestión de tempo despois do cambio de cor no executivo central. Pardo de Vera foi responsable de obra en Angrois, onde faleceron 80 persoas a bordo do Alvia, aínda que non foi citada a declarar na causa xudicial que investiga as responsabilidades do accidente.

Con todo, o seu departamento deberá afrontar as consecuencias do xuízo, que mantén a sete imputados, entre eles dous altos cargos de Adif e outro de Renfe. A investigación tenta esclarecer dous aspectos: primeiro, se a evaluación de riscos na curva da Grandeira, canda o barrio de Angrois, foi a correcta; e segundo, a idoneidade da análise para o cambio de proxecto na línea e a desconexión do sistema de control ERTMS.

Pardo de Vera non foi en ningún momento citada a declarar, nin en calidade de investigada nin coma testemuña. A lucense foi directora de obra nos subtramos Anzo (Lalín) – Carboeiro (Silleda), e Carboeiro – Dornelas (Silleda), así como nos accesos á estación de Santiago de Compostela e a habilitación do andén 3 para a chegada da alta velocidade á terminal compostelá.

A nova directora de Adif era ata o momento parte da directiva, coma directora xeral de Explotación e Construcción. Foi tamén xerente de Adif en Galicia e responsable do servizo de Mobilidade na Deputación de Pontevedra. Precisamente, no organigrama de Explotación e Construcción estaba dende dous meses antes da traxedia quen fora director de seguridade de Adif entre 2006 e 2013, Andrés Cortabitarte, un dos investigados. A el atribúe o xuíz 80 delitos de homicidio por suposta imprudencia profesional grave. 

Así e todo, Pardo de Vera será a primeira muller á fronte da empresa pública promotora e xestora da infraestrutura ferroviaria, unha das que máis volume de investimento público xestiona no Estado dende a súa constitución en 2005. O seu nomeamento será aprobado este venres no Consello de Ministras, segundo adiantou Cinco Días. Enxeñeira de Camiños de formación, leva unha década en Adif, dende que en 2007 acadou unha praza de emprego público.

Entre os seus retos salienta a apertura á competencia no transporte de viaxeiros en tren, prevista en toda a Unión Europea para 2020. A partir de entón, outros operadores privados poderán entrar na rede AVE a competir con Renfe.

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo traslada á Plataforma Pro Residencia de Becerreá a súa “vontade” de abrir o centro canto antes

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, reuniuse este luns no Pazo...

A CIG acusa á patronal da limpeza de Lugo de ir á mediación “sen ningún avance”

A CIG criticou que a patronal da limpeza de Lugo acudise este luns á...

O lucense Antonio de Ron, distinguido co ‘Meritorius Service Award’ dunha insitución dos EE.UU.

Antonio de Ron Pedreira (Lugo, 1952), profesor vinculado 'ad honorem' do Consello Superior de...

Desarticulado un ‘punto negro’ de venda de droga en Lugo

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun delito de tráfico...