InicioSociedadeOs casos baixan aos poucos en Lugo: 17, un menos

Os casos baixan aos poucos en Lugo: 17, un menos

Galicia conta 341 positivos activos, con seis persoas ingresadas en hospitais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un novo descenso no total de casos activos deixa a área sanitaria de Lugo con 17 positivos, un menos ca onte, xornada na que se rexistraba un lixeiro aumento tanto na provincia como na comunidade galega.

Do total de pacientes, só un permanece ingresado no HULA, mentres que o resto son atendidos nas súas casas.

Ademais, a día de hoxe, as residencias lucenses non rexistran ningún caso de coronavirus nin entre os usuarios nin entre os traballadores, tal como confirma Política Social.

GALICIA

Segundo datos da Consellería de Sanidade, tamén se produciu unha caída de casos activos no conxunto de Galicia, que pasou dos 343 do xoves aos 341 deste venres 19 de xuño. Seis persoas seguen hospitalizadas, pero as UCI continúan libres de enfermos de COVID-19.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...