InicioSociedadeUn novo caso activo en Lugo, área que volve ficar cun só...

Un novo caso activo en Lugo, área que volve ficar cun só paciente ingresado co virus

En Galicia encadéanse oito días sen rexistrar falecementos relacionados coa pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo presenta este xoves 18 un lixeiro ascenso nos casos activos de coronavirus. Segundo sanidade, son 18 positivos, un máis ca os contabilizados onte.

Porén, unha das persoas que ata onte estaba ingresada no HULA recibiu a alta hospitalaria, de modo que xa só resta un paciente con COVID-19 na planta do complexo lugués.

Agora, son 17 os pacientes baixo atención hospitalaria a domicilio e non hai cambios no reconto dos falecidos pola pandemia en Lugo (28).

GALICIA

Para o conxunto galego, a Consellería de Sanidade informa dun aumento de tres casos activos respecto do total do pasado mércores. Son 343 pacientes, dos cales seis permanecen hospitalizados (ningún nas Unidades de Coidados Intensivos).

O Sergas considera curadas un total de 10.506 persoas, mentres que anota 619 mortes. A última produciuse o 10 de xuño no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...