O Eixo Atlántico aprobou a concesión das Medallas de Ouro da entidade á primeira muller en presidir Adif, a lucense Isabel Pardo de Vera, e a José Albino Silva Peneda, presidente da CCDRN en 1995 e ministro do goberno portugués entre 1987 e 1993 pola súa contribución á construción e desenvolvemento da eurorrexión. Estas medallas entregaranse nun acto solemne que se celebrará o próximo mes de febreiro, coincidindo coa celebración da Asemblea Xeral do Eixo Atlántico no Barco de Valdeorras.