InicioEconomíaManifestación da CIG este xoves en defensa dos dereitos dos traballadores

Manifestación da CIG este xoves en defensa dos dereitos dos traballadores

PUBLICADA O

- Advertisement -

A federación de Industria da Confederación Intersindical Galega (CIG) convocou unha manifestación de delegados para o vindeiro xoves, día 13 de abril, en Lugo co obxectivo de loitar por “salarios e convenios dignos” e para defender o dereito a negociar en Galicia as condicións de traballo.

En concreto, a mobilización sairá ás 11,00 horas de diante do local sindical (Rolda da Muralla, 58) e terminará na Praza de Santo Domingo. Precisamente, a elección de Lugo para levar a cabo esta reivindicación tamén pretende apoiar a loita do persoal do sector do metal e do comercio do metal polo seu convenio provincial.

O secretario nacional da CIG-Industria, Xoán Xosé Bouzas Aboi ‘Tupi‘, recalcou a aposta do sindicato pola negociación colectiva como ferramenta “fundamental” dos traballadores para mellorar as súas condicións, “máis no actual contexto de empobrecimiento dos salarios a causa do elevado custo da vida”.

+ posts

ÚLTIMAS

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...

XXIII Xornadas Técnicas de Seragro

A inauguración oficial das XXIII Xornadas Técnicas de Seragro tivo lugar este xoves 12...

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...